Descripción de la oferta
16/07/2025 | Oferta de emprego Convocatoria: Número de prazas: 1 Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses) Xornada: Tempo parcial (18,75 horas/semana) Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma. Duración do contrato: 2 meses e medio Salario bruto mensual 1050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Persoal investigador non doutor. Traballo a Realizar A persoa contratada incorporase ao Grupo para apoiar as tarefas de diseño e análise de sensores para aplicación NDT. Requisitos Grao en Enxeñiería Mecánica. Méritos a valorar Grao en Enxeñaría Mecánica, valorándose positivamente a especialización en Maquinaria Industrial, expedido por unha universidade oficialmente recoñecida (30 puntos). Coñecementos demostrables (nivel avanzado) en modelización matemática: Métodos Numéricos e Programación, Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos, Ecuacións en Derivadas Parciais (20 puntos). Experiencia acreditada en Deseño Asistido por Computador (CAD) e en software de dinámica de fluídos computacional (CFD) e análisis por elementos finitos (FEA), incluíndo formulación, resolución analítica e validación experimental ou numérica de problemas industriais (20 puntos). Valorarase positivamente a participación en proxectos relacionados con deseño e dimensionamento de instrumentos de laboratorio de gran volume operadas a alta presión (15 puntos). Entrevista persoal (15 puntos). Comité avaliador Presidente: Enrique Casarejos Ruiz. Secretaria: Sofía Suárez García. Vogal: Marcos López Lago. Documentación Solicitude Currículum vitae Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae. A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo. Data límite de recepción de candidaturas o 30 de xullo de 2025. #J-18808-Ljbffr