Descripción de la oferta
Arume Labs, centro de preparación de exames e apoio escolar, selecciona profesor/a para impartir clases nas súas instalacións en Ourense, Galicia.
Como parte do noso proceso de expansión, buscamos docente con alta orientación ás linguas estranxeiras e linguas autóctonas. Para poder considerar unha candidatura como apta, deberá cumprir os seguintes requerimentos:
Requerimentos:
Posuír un nivel C1 ou superior acreditado de inglés segundo o marco europeo CEFR.
Posuír o certificado CELGA 4.
Ter, como mínimo, un grao relacionado cos idiomas como Linguas Estranxeiras, Filoloxía ou Educación Primaria, entre outros.
Habilidades de comunicación e interpersoais para interactuar eficazmente con estudantes, pais e compañeiros.
Valoraranse de maneira positiva aqueles candidatos que posúan coñecementos acreditables noutras linguas estranxeiras.
Funcións:
Impartir clases, tanto grupais como individuais, de xeito presencial ou en liña.
Colaborar en proxectos e iniciativas interdisciplinarias.
Fomentar un entorno de aula positivo e inclusivo que fomente a participación activa.
Xestionar as correspondentes aulas virtuais para que o alumnado poda empregalo para estudiar e traballar en horas non lectivas.
Colaborar na creación de contidos relacionados coas linguas para as redes sociais do centro.
Supervisar os exames de certificación que se leven a cabo no centro.
Proceso de solicitude:
Os candidatos interesados poden presentar a súa candidatura a través de LinkedIn ou por correo electrónico a info@arumelabs.eu adxuntando os seguintes documentos:
Currículum vitae
Carta de presentación (opcional)
Carta de recomendación (opcional)
#J-18808-Ljbffr