Descripción de la oferta
Buscamos a unha persoa á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio. Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.Programadores ou programadoras para a nosa infraestrutura de backend e de comunicacións con coñecementos da linguaxe PHP, polo que se traballaches nalgunha ocasión con el, encaixarás con facilidade.
Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum.Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
· Desenvolvendo tarefas de programación nas linguaxes coas que traballamos e documentando o teu traballo.
· A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla.
Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos.Terás unha xornada flexible de entrada e saída entre as 7 e 9 da mañá, con saída entre as 15 e as 17 horas, cunha parada de media hora de descanso.
Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.As nosas oficinas son o punto de encontro e están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!O salario irá por convenio (convenio propio), e segundo a experiencia demostrada. Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras
• Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
• Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa
• En dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.
Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN.
Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial.
O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués. Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros.